Unha televisión que emite en 33 idiomas e que ten 100 millóns de espectadores

     Unha televisión que emite en 33 idiomas e que ten 100 millóns de espectadores. Iso  é o que conseguiu CIRCOM grazas ao seu Citizenship Project. O presidente desta asociación, Jean-Marc Dubois,  estivo na Facultade de Ciencias da Comunicación explicando en que consistía a súa organización. A conferencia realizouse o mércores, conmemorando o quinto aniversario da primeira conferencia organizada pola asociación.

     Dubois explicou aos alí presentes un dos principais proxectos nos que estaba inmerso CIRCOM, a Asociación Europea de Televisión Regional neses momentos, o Citizenship Project. Son medios rexionais de 10 países diferentes e unha rede de máis de 100 xornalistas os que están colaborando neste momento”, dixo o presidente. Entre eles se encontran France Televisions (Francia), Rai (Italia)  ou RTVSLO (Eslovenia). Afirmou que todos estes medios intercambian reportaxes sobre os temas máis importantes no seus correspondentes países, e así todas as cadeas de televisión rexional que participan no proxecto teñen material para facer os seus programas.

030516_presidente_circom

“Entre 2013 e 2014, os medios rexionais  intercambiaron uns 300 reportaxes, e esperamos que ese número aumente nos seguintes anos”. Jean-Marc Dubois.

    Tamén declarou que a maior parte dos contidos que se trataban eran de tématica social, como o cambio climático,  as minorias, os refuxiados e o s problemas locais. “Estamos cerca dos cidadáns, intentamos traballar os intereses comúns, protexer a diversidade cultural e defender ás linguas minoritarias”. Así explicaba Dubois como un conxunto de televisións locais podía ter 100 millóns de espectadores en toda Europa. 

Este vídeo é un exemplo das reportaxes que realizan este medios rexionais.

     Pero este proxecto encontrase agora en perigo en Polonia, Croacia e Ucraína debido a razóns políticas. E non só é iso, tamén teñen una forte competencia procedente da prensa rexional e o custe de manter todo é demasiado elevado. A crise económica afectou moito a esta iniciativa, que aínda non sabe se vai saír adiante. Dubois sentenciou que “se desaparecen, perderase a democracia”

A orixe

    Dubois tamén explicou toda a historia de CIRCOM desde os seus inicios. Dixo que “todo comenzou en 1983, con tan só 4 membros, ARD, RTDF, RAI e FR3, cando se xuntaron para compartir os mesmos valores entre si. Trala caída do muro de Berlín, decidiron compartir os valores do servicio público con toda Europa” e así naceu o proxecto tal e como coñecemos hoxe en día. O presidente afirmou que é unha das poucas asociacións que se apartan das grandes e poderosas organizacións, xa que todo o que fai é a través do ámbito rexional, para promover o crecemento económico dos territorios.

“Os comezos foron duros. Nas primeiras reunións derónse de conta de que moitos xornalistas no sabían facer entrevistas, non daban formulado ningunha pregunta, e se tiña que solucionar iso. Hoxe CIRCOM xa formou a máis de 1000 xornalistas

    Defínense a si mesmos com unha “ferramenta a favor da democracia”, intentando compartir os seus valores a todos os países de Europa, aínda que Alemaña non quere colaborar porque considera que a súa televisión rexional é suficiente. É un dos poucos paises do continente que non ten unha importante participación coa asociación. E non só colabora con medios rexonais, tamén con universidades, como a USC.

map_members_2

Países nos que CIRCOM ten colaboradores

Outros proxectos

   Jean-Marc afirmou que agora CIRCOM está traballando no “mojo challenge”. Aclarou aos asistentes, que se quedaron un tanto sorprendidos polo nome, que consistía en xornalismo a través do móbil. Engadiu que se centraron neste ámbito para ver como se desenrolaba, debido a todas as facilidades que aporta o dispositivo móbil.

“Grabar en 360º, realidade virtual, calidade perfecta, podes levalo a todos os lados, é máis barato que unha cámara profesional. O móbil é o futuro dos xornalistas

Premios anuais

onda-cero

Fernando Ojea

Tanto Dubois como Fernando Ojea, secretario xeral de CIRCOM e director de Proxección Social na CRTVG, que tamén estaba presente na conferencia, falaron dos premios anuais que a asociación entrega. Nesta edición, os gañadores anunciáronse o pasado 11 de abril e había 10 categorías diferentes: documental, minorías na sociedade, magazine e magazine de noticias, música, máis orixinal, revelación, xornalismo de investigación, vídeoxornalismo, mellor reportaxe de noticias e coproducción cidadá.

   Estos premios lévanos entregando 20 anos e están dirixidos a periodistas que traballan en televisións que colaboran coa asociación. Gañar non supón recibir un trofeo, senón que é ir a traballar a un medio de calquera país do mundo. Dubois puxo o exemplo dun xornalista da BBC que gañou  premio de “revelación” e decidiu ir ás illas noruegas a traballar el so nun pobo de 25.000 habitantes.

    Se pica no seguinte enlace encontrará aos gañadores deste ano.

   Dubois rematou a conferencia afirmando que esperaba que nun futuro próximo, tanto as rexións de Alemaña como de España que faltaban por adherirse o fixeran e así tamén poder colaborar con outras universidades.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s