Unha televisión que emite en 33 idiomas e que ten 100 millóns de espectadores

     Unha televisión que emite en 33 idiomas e que ten 100 millóns de espectadores. Iso  é o que conseguiu CIRCOM grazas ao seu Citizenship Project. O presidente desta asociación, Jean-Marc Dubois,  estivo na Facultade de Ciencias da Comunicación explicando en que consistía a súa organización. A conferencia realizouse o mércores, conmemorando o quinto aniversario da primeira conferencia organizada pola asociación.

Sigue leyendo

O sociolingüista Anik Nandi asegura que a culpa de que non se fale galego é do goberno, pero tamén dos individuos

            O sociolingüista e profesor da Universidade de Heriot-Watt, Anik Nandi, asegurou que a culpa de que na actualidade non se fale galego é das políticas lingüísticas do goberno, pero tamén dos individuos. Esta afirmación realizouna nunha charla que deu aos alumnos de primeiro de xornalismo sobre a situación do galego o pasado martes,  onde tamén profundizou nos problemas do seu país, a India.

Sigue leyendo