O sociolingüista Anik Nandi asegura que a culpa de que non se fale galego é do goberno, pero tamén dos individuos

            O sociolingüista e profesor da Universidade de Heriot-Watt, Anik Nandi, asegurou que a culpa de que na actualidade non se fale galego é das políticas lingüísticas do goberno, pero tamén dos individuos. Esta afirmación realizouna nunha charla que deu aos alumnos de primeiro de xornalismo sobre a situación do galego o pasado martes,  onde tamén profundizou nos problemas do seu país, a India.

        Grazas ao estudo que fixo sobre o galego, chegou á conclusión de que hoxe estaba sendo sometido a un continuo maltrato lingüístico ao igual que moitas linguas no seu país de orixe. «Hoxe en día existen moitos prexuízos con respecto ao galego e iso fai que a xente non o fale», afirmou Anik Nandi. Pero este fenómeno non é algo illado, xa que na India, unha lingua que ten máis de 280 millóns de falantes é minoritaria, debido ás políticas lingüísticas do país.

«O sistema educativo móstranos o que é bo e o que é malo, incluído con respecto á lingua» Anik Nandi 

      O profesor explicou que o problema do lingua galega chegou nos anos 60, cando se produciu unha migración interprovincial, dos pobos ás cidades. Esto levou a que os emigrantes, que só sabían falar a súa lengua materna, o galego, tiveran que aprender castelán á forza xa que nos centros urbanos só se falaba a lingua oficia do Estado. Todo este proceso provocou que os prexuízos existentes sobre o galego, que era «a lingua do rural» ou que «só o falan os paletos»  se intensificasen e levasen a moitas persoas a non empregalo por vergonza.

«O goberno é o responsable, en parte, de que non se fale maioritariamente en Galicia, pero a culpa tamén a teñen os individuos»

         Esta frase do sociolingüista causou unha certa controversia entre os asistentes, xa que non estaban dacordo con Nandi. Moitos aludiron a represión que sufriu o galego durante a etapa franquista, e que se á xente non llo deixaban falar non se lle debería poder acusar de nada con respecto a situación da lingua hoxe en día. O profesor afirmou que «agora non hai ningún tipo de represión, se os pais non lle transmiten aos seus fillos o galego agora non é culpa do goberno»

 

12190877_10206192006891815_9070115736002263521_n

O profesor Nandi dando unha charla sobre o galego na Universidade de Cambrigde

        Facendo una comparación entre a India e Galicia no ámbito lingüístico, dixo que «as linguas necesitan mantemento para sobrevivir en diferentes sectores». No seu país de orixe, 196 idiomas estaban en peligro de extinción debido a que case ninguén os empregaba, e afirmou que iso lle podía acabar pasando ao galego no caso de que se mantivese a tendencia actual, xa que fai dous anos, o 47% dos galegos non falaba galego. 

«O xornalista se ten que adaptar a situación actual e ten que falar sobre o que lle interesa á xente» dixo Nandi como consello aos estudantes presentes na conferencia. 

  O profesor Nandi comenzara a ponenciaINDIA-HINDUISM-FESTIVAL-HOLI falando en inglés e facendo unha serie de comparacións entre a India e España, con datos sobre a poboación, o tamaño do país. Tamén falou sobre a su cultura, explicando que existían certas similitudes entre a mitoloxía grega e a hindú. Despertou o interese dos alumnos cando falou sobre algúns dos festivais que se hai na India, como o Santa Claus, debido a mistura de culturas que existe no país; o Aninovo, que se celebra en abril ou maio e o Holi, o festival das cores que se fai en febreiro.

      Para sorpresa de todos os asistentes á charla, o profesor Nandi, ao comezar a responder ás preguntas feitas polos estudantes, demostrou que sabía falar perfectamente galego. Explicou que estaba en Galicia para facer a súa tese doctoral sobre o idioma e que tamén estivera en Asturias facendo un traballo sobre o bable. Además, tamén falaba bengalí, hindí, inglés e castelán, además de poder traballar co sanscrito e entender o portugués.

      O profesor Nandi colaborou con numerosos medios galegos, entre eles a TVG, facendo este documental sobre o Cementerio dos Ingleses.

Deja un comentario